Arquivo por etiquetas: Fotografía

Colaboración: Muelles, de Daniel Chapela Cordeiro

 

Daniel Chapela Cordeiro achéganos imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer. Estas pertencen ao seu proxecto personal Muelles. Podedes ver o seu traballo completo aquí.

Aquí a súa explicación:

“¿Que acontece cando sabemos que algo vai desaparecer? ¿Cando entra nunha etapa de decadencia e decatámonos de que é irremediable a volta atrás, quedando como un recordo, unha sombra do que foi?

Nese momento, cando te decatas de que está a rematar comezas a ver cara a atrás, a recompilar eses recordos prezados, collendo forzas para o adeus definitivo.

Algo parecido é o que me acontece cos peiraos, a desaparición destes, é cada vez é máis acusada, moitos deles por falta de uso, outros porque quedarán incluídos dentro doutros moito maiores e con usos totalmente distintos.

Dende a miña infancia pasei días e días, pescando, xogando ou simplemente tomando o sol e charlando nun destes peiraos. Ao ver que cada vez desaparecen e faise máis difícil encontralos doume conta das sensacións que me transmitían e aínda hoxe en día me seguen transmitindo. Cando estás nun destes sentes unha sensación de calma, sosego, plenitude e admiración.

Recordo os días no peirao, o sol, a brisa e o mar, aquel arrecendo a mar que o enchía todo, días de felicidade. Os días de tormenta amplificabanse vendo o mar picado, as ondas chocando contra as rochas, as nubes negras, creando un ambiente sublime que me deixaba impresionado. O adeus é inevitable pero sempre  quedaranme os meus recordos, as miñas imaxes que agora comparto, imaxes que mostran algúns dos poucos peiraos que quedan e aqueles tesouros que nos podemos encontrar neles, esas arandelas de amarre, as cordas, as redes que co paso do tempo avellentan xunto ao seu dono, o peirao. Un envellecemento que o leve talvez  ao seu final pero que parece embelecelo cada día que pasa.

Será un adeus, pero non de todo real, pois sempre estarán na miña memoria.”

Colaboración: Ángel Torres Escalante

Ángel mándanos esta imaxe, unha preciosa captura dunha gota de auga. Este tipo de fotos é unha práctica moi útil e común para tomas de moi corta velocidade de obturación. Ten os seguintes datos exif:

VELOCIDADE DE OBTURACIÓN 0,004 sec (1/250)
APERTURA DE DIAFRAGMA f/8.0
LENTE 50 mm
ISO 100
TENDENCIA DE EXPOSICIÓN 0 EV
FLASH On, Return detected
Xunto coa foto, tamén nos manda un útil tutorial de cómo capturar gotas de auga.
Máis fotos de Ángel na súa web.

Inauguración da exposición de traballos do módulo de fotografía do alumnado do 2º ano do ciclo de Gráfica Publicitaria en aulaD, Vigo

Imaxe

A partires do día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos cunha exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 16 de maio

Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h. de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.

Fonte: aulad.com/blog

B side, Madeira.

Para comezar a semana, chégannos unha composición de Claudia Silva, na que nos amosa a cara B de Madeira, un lugar coñecido pola súa beleza, por estar rodeado de mar, por gozar do Sol  e turismo.

Imaxe