Arquivo da categoría: Fotos de Marcos EV

Fotografías de Marcos Escudeiros Vieites.

Santo Tome

Continuando coas fiestras.
Hoxe probaremos a subir unha foto dende o teléfono, e que tamen foi feita con un teléfono.
image

Fotografía nocturna. Practicando.

A fotografía nocturna é toda unha experiencia. A moitos nos gustaría dominala, pero non é fácil. De todos os xeitos e a pesar do mal tempo decidinme a facer unha primeira incursión. Espero que a primeira de moitas.

Dous foron os escenarios escollidos, a Torre da San Sadurniño e  As ruinas de Santa Mariña, en Cambados. Da Torre non tiven resultados, debido a ausencia de lúa e á falta de práctica, o que fixo que me decidise polo outro típico escenario Cambadés con algo máis de luz, As ruinas.
Estes foron os resultados.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 3.5
V 15 segundos
3 disparos de flash no interior.

Ruinas de Santa Mariña

ISO 100
f 6.3
V 60 segundos
2 disparos de flash no exterior
3 disparos de flash no interior

O pescador.

Foto de como era a fonte do parque de Cambados ata fai uns anos.
Personalmente gustábame máis que a actual.

Foto dixitalizada.

Lisboa

Lisboa

Foto realizada en Lisboa entrada xa a noite,   utilizase una ISO alta: 1600, e unha velocidede lenta: 1/13 segundos cunha f:3,5.

Non utilizamos o flash, o que fai que se poida apreciar xa a falta de luz, dando a toda a composición un nivel de luz aceptable, sen que salgan os primeiros planos queimados.

Foto realizada cunha Olympus E-510 en formato RAW e revelada con Adobe Lightroom.

Exposición e venda “Fotos na Praza” Praza das Rodas, Fefiñans, Cambados

Este venres 8 de xuño inauguramos con gran éxito de asistencia a primeira exposición colectiva de Click Cambados, sendo os autores das fotos Iago Pillado, Claudia Silva e Marcos Escudeiro. A mostra estará  nas fachadas dos bares (en caso de mal tempo no interior) situados na Praza das Rodas, Fefiñans (36630) Cambados ata o 24 de xuño e durante o horario de apertura dos establecementos colaboradores: Lume de Leña, Vago Viños, A Casa da Leña e A Fonte do Viño

A posta en escena contou coa colaboración do grupo musical “Gerundio Canto” composto por Tino González, José Mª Trigo e Félix Solla aos que dende aqui lle queremos dar as GRACIAS.

O resultado acadado neste primeiro acto público da asociación fainos pensar en novas actividades, cursos, exposicións, excursións fotográficas… para elo necesitamos recadar fondos, e por eso os recursos conseguidos coas vendas das fotos adicaranse exclusivamente a actividades da Asociación Cultural de Fotografía Click Cambados.

Torre do Ouro (detalle)

Autor: Marcos Escudeiro Lugar: Torre do Ouro Sevilla

Velocidade da toma: 1/200 seg

Abertura de diafragma: f8

ISO: 100

Distancia focal: 42mm

Fragas do Eume e Mosteiro de Caaveiro no pasado (Febreiro do 2012)

Fotos: Marcos A Escudeiro

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997 e que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume, concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña. Na actualidade residen no parque 521 persoas dos cinco concellos anteriormente nomeados.

Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo[4]. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapiña.

Fonte do Artigo: Wikipedia

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados

Autor: Marcos

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados. Autor: Marcos.

A Torre de San Sadurniño é un claro emblema de Cambados, o cal queda patente no gran número de veces que poñemos fotos nesta páxina.

Nesta ocasión  xógase coa composición, cedendo espacio a outros elementos na imaxe, desplazandoa do primeiro plano e non dándolle toda a importancia a este elemento, que sen embargo resalta igualmente, pois rompe a simetría da foto.

A foto foi tomada as 19:28 horas a punto de meterse o sol, pero nesta ocasión a neboa baixa que habia filtraba o a luz do sol e facía ver uns tons azul-grisaceos distintos das habituais cores cálidas.

Autor: Marcos

Torre de San Sadurniño