Arquivo da categoría: Fotografías de Cambados

Imaxe

Cambados: paseo marítimo

Paseo marítimo de Cambados

Paseo marítimo de Cambados (22/02/2013)

Santo Tome

Continuando coas fiestras.
Hoxe probaremos a subir unha foto dende o teléfono, e que tamen foi feita con un teléfono.
image

Cambados: A Calzada

Autor: Iago. Data: 25/12/2012.

Autor: Iago. Data: 25/12/2012.

Cambados: Pazo de Fefiñáns

Un dos espazos emblemáticos de Cambados é a Praza de Fefiñáns. O 17 de setembro de 2012, o Diario Oficial de Galicia publicou o decreto que lle outorgaba a consideración de Ben de Interese Cultural ó conxunto formado polo Pazo, xunto coa súa horta e o bosque, e a igrexa de San Bieito, máis non así a propia praza.

En Click Cambados queremos celebralo divulgando unha das fotografías máis antigas que se coñecen da praza, de autor descoñecido e con data do ano 1910. Descoñecemos a identidade do autor.

Fotógrafos: José Bellver (1896-1968)

Arco de Fefiñáns

José Bellver Álvarez, nado en Ponferrada en 1896 e finado en Pontevedra en 1968 foi un xuíz e fotógrafo afeccionado, recordado polas súas fotografías e gravacións cinematográficas de Galicia na primeira metade do século XX.

Maila nacer fortuitamente en Ponferrada, por mor dunha viaxe dos seus pais, durante os primeiros vinte anos da súa vida residiu en Madrid. Alí cursou o bacharelato e carreira universitaria. O 18 de xuño de 1925, un ano despóis de que o destinaran a Galicia, casou con Antonia García-Alix.

Bellver licenciouse na Facultade de Dereito da Universidade Complutense. Logo de obter o cargo de xuíz, en 1924 foi destinado a Cambados, onde permaneceu ata o 1933, vivindo durante esa época no Pazo de Ulloa. Durante estes anos naceron os seus cinco fillos; Carlos, María del Carmen, Mercedes e Francisco José. É nesta época de residencia en Cambados cando realiza o groso da súa producción.

Despóis desta época foi destinado a Caldas de Reis, onde só estivo ata o 1934, e durante o cal se desprazou ocasionalmente ata Ortigueira. Logo deste lapso asentou en Redondela, onde resideu ata o 1940. Nesta vila nacerou os seus fillos Ramiro, José Ángel e María del Pilar. Durante este periodo desprazouse en 1939 ata Albacete como Auditor de Guerra. Finalmente trasládase ata Pontevedra, onde foi nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra, residindo a partir daí na capital da provincia. Durante os anos 60 padeceu arterioesclerose, finando en 1968.

Traxectoria artística

1) Fotografía

Afeccionado á fotografía, caracterizoue por un estilo etnográfico e costumista. A súa obra caracterízase por cinco grupos temáticos; paisaxe, retrato, tipos populares, arquitectura, e o mar, sendo este último tema o máis abundante.

No ano 1926 obtivo o diploma de honra nunha exposición celebrada no Centro de Galicia en Madrid. En 1944 publicou unha colección de postais co nome Estampas Gallegas, editadas polo libreiro pontevedrés Luís Martínez Gendra. Colaborou con varias revistas gráficas, como Sonata Gallega, Industrias Pesqueras ou Vida Gallega. Realizou exposicións en Vigo e Pontevedra, e no 1946 é socio fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, da que foi o primeiro presidente. Bellver, tamén pintor afeccionado, en ocasións retocaba os negativos, ou ben pintaba sobre as súas fotografía.

No ano 1984 a Deputación de Pontevedra publicou unha escolma das fotografías realizadas entre 1920 e 1950. Parte da súa obra consérvase no Museo de Pontevedra.

2) Gravacións

Bellver empregaba nas súas gravacións unha cámara Pathé Baby. Na actualidade, consérvanse tres horas de gravación realizadas entre 1929 e 1932, repartidas en vintenove latas. Ditas latas permaneceron no esquencemento durante décadas, ata que os seus herdeiros as descubriron nun baúl na súa vivenda en 2009. Algúns dos lugares recollidos son a Porta do Sol en Vigo, a Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, ou a Armada inglesa atracando no porto de Vilagarcía de Arousa.

Xunto coas escenas de Galicia, Bellver rodou, en compañía duns amigos, unha curtametraxe de ficción sobre unha historia de amor non correspondido.

O realizador Xes Chapela estrenou en decembro de 2011, no Centro Galego de Artes e Imaxe, o documental Milímetros. Nel mistúranse as gravacións de Bellver con outras sobre os mesmos lugares, realizadas na actualidade.

Exposición en Cambados

Esta tarde ás 20:00, no Pazo de Torrado, ubicado na Rúa do Príncipe, Cambados (mapa), inaugúrase a exposición fotográfica Fotografías de José Bellver, 1920-1950, composta por 62 imaxes. Algunhas das imaxes aparecen recollidas no recomendable blog Fotos antigas de Cambados.

Fotógrafos: Quico Álvarez (1968)

Fotógrafos: Quico Álvarez

Panorámica da desembocadura do río Umia, en Cambados, polo fotógrafo Quico Álvarez Vidal (Tarragona, 1968). O seu interese pola fotografía remóntase ó 1987, posteriormente estudia no Instituto de Estudios Fotográficos de Cataluña, e comenza a súa carreira profesional cun reportaxe en Croacia e Bosnia no 1992. Máis información na súa páxina.

Panorámica de Cambados

Autor: Iago. Data: 22/07/2012.

 

Ruínas de Santa Mariña Dozo

Autor: Miguel Ribadomar (Michy ke?).

Foto tomada no primeiro roteiro fotografico realizado por Click Cambados.

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados

Autor: Marcos

Torre de San Sadurniño, Santo Tomé, Cambados. Autor: Marcos.

A Torre de San Sadurniño é un claro emblema de Cambados, o cal queda patente no gran número de veces que poñemos fotos nesta páxina.

Nesta ocasión  xógase coa composición, cedendo espacio a outros elementos na imaxe, desplazandoa do primeiro plano e non dándolle toda a importancia a este elemento, que sen embargo resalta igualmente, pois rompe a simetría da foto.

A foto foi tomada as 19:28 horas a punto de meterse o sol, pero nesta ocasión a neboa baixa que habia filtraba o a luz do sol e facía ver uns tons azul-grisaceos distintos das habituais cores cálidas.

Autor: Marcos

Solpor en Cambados

Parece que cada vez máis xente se anima a enviar as súas colaboracións. Esta vez é o turno de Eulogio Romero, que nos envía dúas postas de sol, sacadas en Cambados o 11 de marzo de 2009, ningunha das cales está editada.

Grazas polas colaboración, e aos demáis, animádevos a participar :)