Hoxe temos unha colaboración de Javi Montero Milucho.(flickr)
Javi sempre sabe ver os detalles, e o arte, no que a maioría da xente nos pasa por diante dos ollos sen máis.
Gracias pola colaboración.
Hoxe temos unha colaboración de Javi Montero Milucho.(flickr)
Javi sempre sabe ver os detalles, e o arte, no que a maioría da xente nos pasa por diante dos ollos sen máis.
Gracias pola colaboración.
Data: 16/08/2012.
Lugar: Westmister, Londres.
Cámara: Nikon D7000.
Fonte: Flickr (no muro do grupo de Click Cambados).
Publicado en Colaboracións, Fotografia
Daniel Chapela Cordeiro achéganos imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer. Estas pertencen ao seu proxecto personal Muelles. Podedes ver o seu traballo completo aquí.
Aquí a súa explicación:
“¿Que acontece cando sabemos que algo vai desaparecer? ¿Cando entra nunha etapa de decadencia e decatámonos de que é irremediable a volta atrás, quedando como un recordo, unha sombra do que foi?
Nese momento, cando te decatas de que está a rematar comezas a ver cara a atrás, a recompilar eses recordos prezados, collendo forzas para o adeus definitivo.
Algo parecido é o que me acontece cos peiraos, a desaparición destes, é cada vez é máis acusada, moitos deles por falta de uso, outros porque quedarán incluídos dentro doutros moito maiores e con usos totalmente distintos.
Dende a miña infancia pasei días e días, pescando, xogando ou simplemente tomando o sol e charlando nun destes peiraos. Ao ver que cada vez desaparecen e faise máis difícil encontralos doume conta das sensacións que me transmitían e aínda hoxe en día me seguen transmitindo. Cando estás nun destes sentes unha sensación de calma, sosego, plenitude e admiración.
Recordo os días no peirao, o sol, a brisa e o mar, aquel arrecendo a mar que o enchía todo, días de felicidade. Os días de tormenta amplificabanse vendo o mar picado, as ondas chocando contra as rochas, as nubes negras, creando un ambiente sublime que me deixaba impresionado. O adeus é inevitable pero sempre quedaranme os meus recordos, as miñas imaxes que agora comparto, imaxes que mostran algúns dos poucos peiraos que quedan e aqueles tesouros que nos podemos encontrar neles, esas arandelas de amarre, as cordas, as redes que co paso do tempo avellentan xunto ao seu dono, o peirao. Un envellecemento que o leve talvez ao seu final pero que parece embelecelo cada día que pasa.
Será un adeus, pero non de todo real, pois sempre estarán na miña memoria.”
Publicado en Asociación, Colaboracións, Fotografia
Etiquetado Clickcambados, colaboracion, Fotografía, muelles
Gracias por esta nova colaboración a Juan Rey que aínda que asegura que non ten ningunha fixación coa auga; vos diredes…
A modo de curiosidade podemos salientar os distintas formas de fotografiar a auga. Na primeira foto, cunha velocidade de obturación de 1/200 segundos, a auga fica paralizada, mentres que na última foto, cunha velocidade de 20 segundos, a auga queda plasmada como unha manta suave.
Animádevos a probar, a fotografiar a auga con distintas velocidades de obturación, pero ollo, as veces necesitaredes un trípode.!!!
Publicado en Asociación, Colaboracións, Fotografia
Etiquetado Carril, Clickcambados, Juan Rey, Nogueira de Ramuín, Ponte Maceira, San Xusto
Foto tomada no primeiro roteiro fotografico realizado por Click Cambados.
Publicado en Colaboracións, Fotografías de Cambados, Fotografia
Ángel mándanos esta imaxe, unha preciosa captura dunha gota de auga. Este tipo de fotos é unha práctica moi útil e común para tomas de moi corta velocidade de obturación. Ten os seguintes datos exif:
| VELOCIDADE DE OBTURACIÓN | 0,004 sec (1/250) |
|---|---|
| APERTURA DE DIAFRAGMA | f/8.0 |
| LENTE | 50 mm |
| ISO | 100 |
| TENDENCIA DE EXPOSICIÓN | 0 EV |
| FLASH | On, Return detected |
Publicado en Colaboracións, Fotografia, Técnica fotográfica
Etiquetado Ángel Torres, colaboracion, Fotografía, velocidad
Datos da toma:
| Exposición | 0,001 sec (1/800) |
|---|---|
| Aperture | f/5.6 |
| Lente | 18 mm |
| Velocidad ISO | 100 |
| Tendencia de exposición | 0 EV |
| Flash | Off, Did not fire |
Podedes desfrutar de máis fotos de Ángel na súa web
Publicado en Colaboracións, Fotografia
Etiquetado Ángel Torres, Clickcambados, Praia de Silgar
Publicado en Asociación, Colaboracións, Fotografia
Etiquetado Auschwitz, Auschwitz II, Birkenau, click cambados, Deyanira Núñez, Holocausto, Polonia
Autor: Javi Montero
Publicado en Colaboracións, Fotografia
Etiquetado Asorey, click cambados, Javi Montero, O Tesouro
Esta colaboración de Jacobo amosa aos nenos dunha aldea de Gambia, que pouco afeitos ás cámaras desfrutaban posando para despois verse retratados. A foto foi tomada durante unha visita acompañando unha ONG que repartía arroz e aceite na que tamén había dous médicos cubanos que ían atendendo aos enfermos máis graves.
Autor: Jacobo Domínguez Pedreira Lugar: Gambia
Publicado en Asociación, Colaboracións, Fotografia
Etiquetado click cambados, Gambia, Jacobo Domíngez