Arquivo por autores: Iago
Cambados: A Calzada
Publicado en Fotografías de Cambados, Fotografia, Fotos de Iago PL
Fotógrafos: Brassaï (1899-1984)
Moitos fotógrafos retrataron a noite de París, pero ningún acadou a fama de Brassaï. Baixo ese seudónimo traballou o húngaro Gyula Halász (09/09/1899-08/07/1984), que se mudou á cidade cando tiña 25.
Nesa época de entreguerras, París era o maior foco cultural de Europa e un dos maiores do mundo. En 1933 publicou o libro Paris de nuit, que axiña se convertiu nun éxito. As súas imaxes nocturnas de cabarets, artistas, amantes, gárgolas, rúas valdeiras, cafés, ou o río Sena, contribuíndo a divulgar a parte bohemia da cidade.
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Joel Meyerowitz (1938)
Cando comenzou a fotografía en color, moitos fotógrafos resistíanse a apreciala como un arte. O neoiorquino Joel Meyerowitz (6/03/1938) foi un dos principais defensores de que non só en branco e negro se podía obter un resultado artístico. Logo de alternar as dúas técnicas, desde hai corenta anos só fotografía en color.
Autor de dezaseis libros, recoñecido e premiado en todo o mundo, Meyerowitz foi o único fotógrafo ao que se lle permitiu entrar na Zona Cero de Manhattan, xusto despois dos atentados do Once de Setembro.
Páxina: www.joelmeyerowitz.com/
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Gjon Mili (1904-1984)
Nado en Albania, criado en Romanía, e finalmente asentado nos EUA, Gjon Mili (28/11/1904-14/02/1984) foi un fotógrafo recoñecido polos seus retratos en branco e negro de artistas para a revista LIFE. Mili emigrou aos EUA para estudar enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. No 1937, inspirado polos traballos sobre a luz estroboscópica realizados por Harols Edgerton nesa institución académica, comenzou a empregala nas súas fotografías.
Cubreu así mesmo o xuízo a Eichmann en Xerusalén, a rodaxe da película “West Side Story”, ou improvisadas sesións de jazz no seu propio estudio, nos anos 40. Pero se por algo é lembrado é polo seu modelo estrela; o pintor malagueño Pablo Picasso, ao que retratou durante case vinte anos.
Máis imaxes: LIFE
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Bernard Plossu (1945)
Bernard Plossu, nado en Vietnam o 26/02/1945, é un fotógrafo francés especializado en reportaxe de viaxes. O Sahara, Chiapas, o Oeste dos EUA, a India ou Níxer son algúns dos lugares que retratou. Se ben nun principio comenzou facendo reportaxes a cor, desde 1975 só utiliza o branco e negro.
Máis imaxes: bernardplossu.virtualgallery.com
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: John T. Daniels (1873–1948)
Non só os fotógrafos profesionais acaban pasando á posteridade. Ás veces abonda con estar no momento oportuno. Foi o que lle pasou a John T. Daniels (1873–1948), que ata tal día coma hoxe, no 1903, nunca usara unha cámara.
Ese 17 de decembro, sen embargo, a petición dos irmáns Wright fotografiou o primeiro vóo a motor sustentado e controlado da Historia, en Kitty Hawk, Carolina do Norte. Para pasmo dos presentes, unha máquina foi capaz de manterse no aire durante doce segundos, percorrendo 36,5 metros. O rexistro da fazaña permiteu, ademáis, que os irmáns obtiveran a patente dese prototipo de avión, o Flyer I.
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Mario Tama
Mario Tama é un fotoxornalista con base en Nova York. Graduado en fotoxornalismo en 1993, comenzou traballando para xornais da área de Washington, e en 2001 fichou pola prestixiosa Getty Images.Cubreu as guerras de Afganistán e Iraq, o terremoto de Haití, ou a devastación que causou en Nova Orleans o Furacán Katrina, así como a evolución desa zona os anos posteriores. A esta última serie corresponde esta imaxe, tomada o 6 de setembro de 2005, logo do paso do furacán.
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Isadora Kosofsky
Cando a californiana Isadora Kosofsky tiña 15 anos faleceu a súa avóa: “A dor que trouxo o seu falecemento levoume a documentar as vidas e as relacións entre os anciáns, sobre todo mulleres, en Los Angeles, ao longo de catro anos“. Agora, con só 18 anos, ven de recibir o prestixioso premio Inge Morath Award na súa edición do 2012 pola súa serie Os tres.
Logo de tres anos con esta temática, coñeceu a quenes serían protagonistas da parte máis coñecida da súa obra; o triángulo amoroso formado por Will (84 anos), Jeanie (82) e Adina (90). Na súa serie, Isadora recolle a vida cotiá destes anciáns que viven a súa relación abertamente na prórroga do seu percorrido vital.
Páxina: isadorakosofsky.com
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Daniela Rossell
En México, a pobreza extrema de gran parte da poboación contrasta cunha riqueza sen límites duns poucos. Coma parte da élite política e económica, a fotógrafa Daniela Rossell, filla dun alto cargo do PRI, criouse nun ambiente ao que a maioría dos seus compatriotas só teñen acceso a través das telenovelas.
Nese contexto, realizou unha serie de retratos das fillas desas familias adiñeiradas, fotografiadas nas súas vivendas. Logo plasmouse nun libro, “Ricas y famosas” (2002). Se ben as propias rapazas se prestaron ás fotografías, o novorriquismo, horror vacui e unha imitación confusa do que se supón o estilo de vida aristocrático, provocan un resultado tremendamente irónico. Máis imaxes en Behold, o fotoblog da revista Slate.
Publicado en Fotógrafos
Fotógrafos: Anton Corbijn (1955)
Hoxe non hai foto, senón vídeo. O motivo é que esta vez queremos fixarnos na obra do fotógrafo e director Anton Corbijn (20/05/1955, Strijen, Países Baixos). Se ben na súa vertente coma fotógrafo destaca polos seus retratos de cantantes e músicos famosos, Corbijn é autor de moitos dos videoclips máis coñecidos da música contemporánea, con traballos para U2, Metallica, RHCP, REM, Nirvana, Travis, Coldplay, Depeche Mode…
Se votades unha ollada ó listado das súas creacións, seguramente vos soprenda ver cantos dos videoclips máis coñecidos son obra deste autor holandés.
Publicado en Fotógrafos, Video







