Primeira exposición de fotografía de “Click Cambados”, con concerto de “Gerundio Canto”

Praza das Rodas, Fefiñáns, Cambados

O día oito de xuño, Click Cambados preséntase en público coa inauguración da súa primeira exposición de fotografía. Os autores das imaxes son Claudia Silva, Iago Pillado e Marcos Escudeiro, e a temática principal será Cambados.

As imaxes exporanse nas fachadas dos bares situados na Praza das Rodas: Lume de Leña, Vago Viños, A Fonte do Viño e Casa da Leña (sempre que o tempo o permita), e o recadado coa súa venta destinarase á organización de novas actividades.

Este mesmo día contaremos cunha actuación musical do grupo Gerundio Canto, que se presenta tamén por primeira vez en público. Compóñeno Tino González,Félix Solla, Jose Mª Trigo.


View Larger Map

Inauguración da exposición de traballos do módulo de fotografía do alumnado do 2º ano do ciclo de Gráfica Publicitaria en aulaD, Vigo

Imaxe

A partires do día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos cunha exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 16 de maio

Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h. de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.

Fonte: aulad.com/blog

Valentín Paz-Andrade

É un pracer mudar as fotos por letras nestes días,  e facer a nosa pequena homenaxe a Valentín Paz-Andrade e a Galiza, mudando a nosa imaxe de cabeceira e difundindo a figura de Paz-Andrade.

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

Fonte: http://www.valentinpazandrade.es

 

Torre do Ouro (detalle)

Autor: Marcos Escudeiro Lugar: Torre do Ouro Sevilla

Velocidade da toma: 1/200 seg

Abertura de diafragma: f8

ISO: 100

Distancia focal: 42mm

Sitges

Autor: Iago. Data: 27/04/2012.

Colaboración: Ángel Torres Escalante

Autor: Ángel Torres Lugar: Praia de Silgar

Datos da toma:

Exposición 0,001 sec (1/800)
Aperture f/5.6
Lente 18 mm
Velocidad ISO 100
Tendencia de exposición 0 EV
Flash Off, Did not fire

Podedes desfrutar de máis fotos de Ángel na súa web

Colaboración: Cousas de Quico

Hoxe imos a inaugurar a nosa sección de debuxos, pois non todo van ser fotografías nesta vida.

Unha boa forma de facelo é cos debuxos de Quico, que aínda sendo en moitos dos caso  para un público infantil  non deixan de ter sátira social e estar de plena actualidade. Podedes desfrutar de moitos máis no seu blog  Cousas de Quico

Marcapáxinas para non perderse entre tanto libro.

Con estas viñetas gañou o 1º Concurso Internacional “La tira por los derechos humanos” que convocara a Fundación Fernando Buesa Blanco.

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…

Se queresdes saber algo máis deste artista afincado en Santiago, clientes editoriáis, premios…,visitade o seu blog: Cousas de Quico